lunes, 20 de febrero de 2023

Industrias Guerra


 O día 8 de febreiro o alumnado de 2º curso de SOLCA participou nunha visita a Industrias Guerra (Vila de Cruces), no marco dunhas xornadas tecnolóxicas organizadas pola deputación de Pontevedra. Alí, fíxose unha visita guiada por todas as instalacións da empresa, onde o alumnado coñeceu de primeira man todo o proceso produtivo, dende que se realizan os planos dun guindastre, ata que esta é vendida ao cliente. Polo tanto, foise pasando polo proceso de corte e organización das diferentes pezas de aceiro que conforman as estruturas, a soldaxe das mesmas, con diferentes tipos de soldaduras (incluso robots de soldadura automáticos), a montaxe, a pintura e demais procesos ata conseguir o resultado final.

Foi unha visita moi enriquecedora para o alumnado, xa que en menos dun mes estarán realizando as súas prácticas nun centro empresarial parecido, polo que puideron comprobar de primeira man o día a día de soldadores e montadores de estruturas de aceiro.




No hay comentarios:

Publicar un comentario