miércoles, 9 de octubre de 2024

Día mundial das enfermidades mentais

 

O 10 de outubro conmemoramos o día mundial das enfermidades mentais. O alumnado de 2º de Bacharelato, da materia de psicoloxía, estivo traballando sobre estes trastornos para visibilizalos. Podedes ver unha exposición dos seus traballos nas escaleiras que levan ao último andar.

Parabéns!!






lunes, 7 de octubre de 2024

Novidades da biblio



Novidades na biblio! Recordade que temos un expositor na entrada da biblioteca onde podedes consultar as novas adquisicións.

sábado, 5 de octubre de 2024

Viaxe a Lugo

 Onte  o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º ESO. viaxaron a Lugo para coñecer a música no seu ambiente: a festa!

Entrevistaron ás Fillas de Cassandra e a Laura Lamontagne, estiveron con Iván, de Paramount, e fixeron unha homenaxe a Luz Fandiño, a poeta analfabeta. Falamos coa gente de son e produción do concerto das Fillas, bailaron e aturuxaron! 

Viva a música no noso idioma!












viernes, 4 de octubre de 2024

Novidades da biblio

 



Dirixidos por Alejandra e Alba o alumnado de 1º Bacharelato falaron dalgúns libros que están a ler.  Se queredes ollar algún podedes pasar pola estantería das novidades que alí están case todos expostos. Senon os atopades preguntade ou ben o equipo de Voluntariado ou o equipo da Biblio para que vós axuden a localizalo.


Obradoiro de costura

 Iniciamos os obradoiros de costura dentro dos recreos culturais!! Hoxe a nosa profe Maruja ensinounos a bordar o noso nome, a hilvanar unha tea e outros moitos trucos. Estades a tempo de apuntarvos!! Os venres, durante o recreo na biblio!!