O alumnado de 1º da ESO participou, onte pola tarde, nun obradoiro sobre os riscos das redes sociais e a intelixencia artificial, impartido pola Asociación Aliad-Ultreia de Lugo, que traballa con persoas en risco de exclusión.
A actividade iniciouse cun xogo que consistiu en descubrir unha serie de retos da man dunha intelixencia artificial. A actividade iniciouse cun xogo que consistiu en descubrir unha serie de retos da man dunha intelixencia artificial.
O alumnado comprobou que na rede temos que extremar precaucións e non dar información persoal xa que as cousas, moitas veces, non son o que parecen.
A parte teórica centrouse nos riscos que ten o contacto con descoñecidos, a través das redes sociais ou dos xogos en liña.
Para rematar debatiron sobre as distintas formas de estafa, que poden derivar na trata de persoas ou no tráfico de drogas.
Unha actividade moi necesaria dado o rápido avance das novas tecnoloxías e e mal uso que parte da poboación realiza delas.



No hay comentarios:
Publicar un comentario