Hoxe Isabel Muelas, falounos da Fundación Martín Álvarez Muelas, fundación que crearon a raíz da enfermidade do seu fillo Martín..

A fundación naceu coa misión de apoiar aos pequenos pacientes con DIPC e ás súas familias, promovendo a investigación, mellorando a calidade de vida durante o tratamento e sensibilizando á sociedade sobre esta loita. Como son poucos os casos, non se fai investigación sobre esta enfermidade .
Isabel explicounos en que consistía a enfermidade e cal é a situación, dende que lla detectaron ao seu fillo ata o día de hoxe. Avanzaron moito pero queda moito por facer.
Por iso é importante recordar que todos podemos aportar algo, porque nesa situación pode estar calquera familia.A empatía e o apoio non son grandes xestos heroicos, senón pequenas accións: como participar en actividades solidarias poden axudar a que se faga investigación, se poidan facer tratamentos experimentais ata que un día se poida conseguir un tratamento eficaz para esta enfermidade.





No hay comentarios:
Publicar un comentario