O alumnado voluntario da radio do centro, xunto co alumnado de 1º e 2º de ESO da materia de Relixión, participou nos Premios José Hermida organizados pola Cadena SER Pontevedra.
Durante a xornada, o alumnado tomou parte nun programa de radio en directo, o que lles permitiu coñecer de primeira man como funciona un espazo radiofónico profesional: cabina, control técnico, guionización e tempos de emisión.
Ademais, recibiron unha formación práctica centrada na dicción, a lectura en voz alta e as técnicas básicas para a creación e realización de programas. Esta actividade contribuirá a mellorar as súas habilidades comunicativas, a confianza na exposición oral e o traballo cooperativo.
Trátase dunha experiencia significativa que recoñece e impulsa o papel da comunicación como ferramenta educativa e de participación activa na realidade social e cultural.
Rematamos dando un pequeno paseo por Pontevedra e comendo todos xuntos.






No hay comentarios:
Publicar un comentario