lunes, 17 de noviembre de 2025

Xornalismo e tecnoloxía fronte ás "fake news"

 

Hoxe tivemos a fortuna de contar no noso centro con Tania Fernández Lombao, xornalista e profesora nos Graos en Xornalismo e Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela, ademais de investigadora do grupo Novos Medios. A súa visita estivo enmarcada nunha sesión de alfabetización mediática organizada pola Asociación de Periodistas de Galicia, dirixida ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato.


 

Ao longo do encontro, Tania Fernández Lombao afondou na importancia de desenvolver un espírito crítico ante a información que consumimos a diario.

Falou da necesidade de identificar fontes fiables, comprender como funcionan os medios de comunicación e recoñecer os riscos asociados á desinformación e ás noticias falsas.

A sesión combinou explicacións teóricas con exemplos prácticos que espertaron o interese do alumnado e fomentaron o diálogo.

 





Este tipo de actividades reforzan a educación para unha cidadanía responsable e consciente do seu papel nun ecosistema comunicativo cada vez máis complexo. Agradecemos sinceramente a Tania a súa dispoñibilidade e profesionalidade, así como á Asociación de Periodistas de Galicia por facilitar iniciativas tan enriquecedoras para a comunidade educativa.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario