Nas imaxes vemos ao alumnado de 3º da ESO que este mes está lendo o libro Comerás flores, de Lucía Solla Sobral. A novela conta a historia de Marina, unha xoven que está a atravesar o duelo pola morte de seu pai e ao mesmo tempo inicia unha relación cun home maior.
O grupo de 2º da ESO leu Invisible e Redes, de Eloy Moreno. Na actualidade están lendo O que sei do silencio de Andrea Maceiras, centrada no tema do acoso escolar.
Xa estamos a organizar a excursión do club de lectura. Este curso estará relacionada co contido do libro A casa da Mina, de Maica Gorgal. Proximamente vos diremos maís... Estade atentxs!
No hay comentarios:
Publicar un comentario