martes, 21 de abril de 2026

Aventura, convivencia e natureza en Asturias e Cantabria


O alumnado de Relixión de 3º e 4º da ESO e 1º de Bacharelato comezou a súa excursión a Asturias e
Cantabria, acompañado polos profesores Araceli e Samuel. 



Durante catro días, vivirán unha experiencia de convivencia única, na que compartirán tempo, fortalecerán vínculos e estarán en contacto directo coa natureza, traballando o respecto, a solidariedade e a cooperación.




Neste primeiro día, a aventura xa comezou con forza nun parque de
actividades, onde o alumnado puido poñer a proba a súa destreza, superar retos e, sobre todo, aprender a confiar nos demais e en si mesmos. Foi unha xornada chea de emocións, risas e compañeirismo.







E mañá… que novas experiencias lles agardarán? Seguro que será outro día cheo de descubrimentos, aprendizaxes e momentos inesquecibles que seguirán facendo desta viaxe unha vivencia moi especial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario