jueves, 18 de junio de 2026

As mulleres do volframio

 "AS MULLERES DO VOLFRAMIO" é o traballo de investigación, enmarcado no Proxecto "Donas de si", no que o alumnado do noso centro estivo a traballar durante este curso.


A investigación centrouse na actividade mineira dos xacementos da Brea, en Fontao, un dos epicentros mineiros máis importantes de Galicia, nos anos 40 coincidindo coa Segunda Guerra Mundial.

O volframio extraído converteuse nun material moi cobizado pola industria armamentística e, aínda que historicamente invisibilizadas durante a "febre do ouro negro", as MULLERES xogaron un papel fundamental.

Foron as MULLERES as que sostiveron a economía e o funcionamento diario do complexo industrial pero, tamén, social..

Con estes traballos quixemos rescatar e lembrar o seu protagonismo como un dos piares fundamentais da memoria histórica de Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario