Esta semana tivemos unha actividade moi especial no centro. Catro alumnas de 1º de Bacharelato de distintas especialidades: Alba, Sarai, Cintia e Helena,visitaron as aulas de 4º da ESO para compartir a súa experiencia neste primeiro curso.
Durante o encontro, explicaron como lles resultou o paso ao Bacharelato, que materias optativas escolleron e en que consiste cada unha delas. Tamén falaron con sinceridade sobre as dificultades iniciais, a adaptación ao novo ritmo de traballo e a importancia de levar as materias ao día.
Un dos aspectos máis valiosos da charla foi escoitar como elas mesmas recoñecían que, cando estaban en 4º da ESO, tampouco tiñan totalmente claro que camiño elixir. Porén, coincidiron en que, a día de hoxe, están satisfeitas coa decisión tomada.Para rematar, animaron ao alumnado a esforzarse dende o principio e a afrontar o Bacharelato con responsabilidade e ilusión.
Sen dúbida, foi unha experiencia moi enriquecedora que axudou a resolver dúbidas e a achegar o Bacharelato ao alumnado de 4º da ESO.


No hay comentarios:
Publicar un comentario