Continuamos a visita no Palazzo Mansi, un elegante palacio que alberga unha interesante pinacoteca e que nos permitiu achegarnos ao luxo e á arte doutras épocas.
Máis tarde, paseamos ata o Anfiteatro, unha das prazas máis singulares da cidade, construída sobre un antigo anfiteatro romano. O seu ambiente animado e a súa forma elíptica fixeron desta parada un dos momentos máis especiais do día.
Para rematar a xornada, regresamos ao hotel en Montecatini, onde puidemos relaxarnos e gozar da piscina. Un divertido xogo púxolle o broche final a un día intenso e inesquecible.





No hay comentarios:
Publicar un comentario