jueves, 18 de junio de 2026

Grazas ao noso voluntariado da biblioteca e da radio

No día a día do noso instituto hai moitas tarefas que non sempre se ven, pero que son fundamentais para que todo funcione e teña vida. Hoxe queremos facer un recoñecemento moi especial ao noso voluntariado da biblioteca e da radio, un grupo de alumnado que, co seu compromiso e dedicación, contribúe a facer do centro un lugar mellor.

Comezaron sendo moitos e moitas máis, pero como adoita pasar, o paso do tempo foi reducindo o grupo. Por iso queremos destacar aínda máis o labor daqueles e daquelas que se mantiveron ata o final, demostrando responsabilidade, constancia e ilusión.

Eles e elas son quen de decorar espazos, colocar fondos, xestionar préstamos, recomendar lecturas, asesorar a outros compañeiros e compañeiras, facer podcast, emitir en directo nos recreos… e, en definitiva, dar vida á biblioteca e á radio escolar, converténdoas en espazos dinámicos, útiles e acolledores para toda a comunidade educativa.

Este recoñecemento que facemos dende o equipo da biblioteca vese tamén avalado pola Consellería, que valora este labor cun diploma que acabamos de entregar como mostra de agradecemento e posta en valor do seu traballo.

Grazas por todo o que achegades, pola vosa implicación e polo voso tempo.

Esperámosvos o vindeiro curso para seguir facendo medrar, entre todos e todas, estes espazos tan importantes do noso instituto.






No hay comentarios:

Publicar un comentario