O alumnado de 2º de Bacharelato comeza unha viaxe moi especial: unha excursión que chega despois dun dos momentos máis importantes da súa etapa académica, a superación da PAU. Tras meses de esforzo, estudo e nervios, tocaba celebrar… e facelo xuntos.
O destino elixido foi Italia, concretamente a fermosa rexión da Toscana, un lugar cheo de historia, arte e paisaxes inesquecibles. E como non podía ser doutro xeito, o primeiro día levounos a unha das cidades máis emblemáticas: Pisa.
Alí puideron pasear pola impresionante Praza dos Milagres, onde se atopa a famosa Torre de Pisa, símbolo recoñecido en todo o mundo.
Tamén tiveron ocasión de admirar a beleza da catedral e descubrir un pouco máis sobre a historia desta cidade italiana, combinando así lecer e aprendizaxe nun mesmo día.






No hay comentarios:
Publicar un comentario