A chegada de Morgana altera a aparente serenidade coa que Merlín vive no bosque de Esmelle. A amante de Artur entra na cada de Miranda en procura de respostas á súa infelicidade.
Coa súa dor e coas lembranzas de Merlín vaise tecendo o fío da memoria ata descubrir as razóns últimas da ruina de Avalon e da caída de Camelot. Morgana en Esmelle é unha reflexión en torno á responsabilidade de asumir as consecuencias non desexadas de cada un dos nosos actos. Un debate sobre a necesidade de adoptar compromisos incómodos e implicarse nos momentos históricos.
Sacrificada na loita entre dúas concepcións do mundo, Morgana interróganos sobre a lexitimidade das nosas razóns; mais, acaso a súa condición de vítima faina máis inocente?
Unha novela que reescribe o mito cunha ollada contemporánea.
Mito que reflexa a orixe dunha gran nación, tralo que se pode esconder algo de historia medieval, relixión cristiana, relacións de amor e cabaleiros, xunto cun punto de vista filosófico. Son estes ingredientes suficientes para que te embarques nesta aventura literaria?


No hay comentarios:
Publicar un comentario