martes, 17 de noviembre de 2026

Coñecemos África?

É lóxico que en materias como Xeografía se estuden os diferentes territorios do planeta. Desta ocasión tocou a cuna da humanidade, alí onde naceu, medrou e a partir de onde se expandiron a meirande parte das especies irmás da única humana que poba a Terra, África. Sí, a única especie humana que queda actualmente do planeta, o homo sapiens sapiens, ata hoxe en día, procede orixinariamente deste rico e variado continente. O longo dos anos foise configurando coas fronteiras actuais que coñecemos, moitas delas, fruto do imperialismo europeo qute trazou fronteiras a escadra e cartabón, sen ter en conta territorios e divisións tribais, formando países tan variados e antigos como Exipto no Norte ou Sudáfrica no sur, algúns dos máis históricamente destacados do continente. E para coñecer un pouquiño de cada un deles, o alumnado de 1º de ESO elaborou como proxecto do trimestre un mapa individualizado de cada país do continente, sinalando os seus habitantes, a capital, a extensión territorial, o PIB medio per cápita, así como a súa bandeira. Así, teremos algunha referencia sobre este territorio, da súa xente, e nivel de vida, tan próximo e ás veces tan lexos de nós. Non en vano este continente ten case o dobre de poboación que Europa, sendo un número parecido de países, próximos ós 50. Está chamado a ser un dos máis poboados do planeta no futuro pola súa alta natalidade, por países moi densamente ocupados como Nixeria, con máis de 200 millóns de habitantes, un dos máis poboados do orbe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario