Mostrando entradas con la etiqueta Música galega.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Música galega.. Mostrar todas las entradas

viernes, 28 de febrero de 2025

Manuele de Pardo. Mostra de instrumentos tradicionais.

 Manuele Pardo, integrante de grupos como AILÁ, A Banda das Crechas ou Os Estalotes, todos eles vencellados á música tradicional, mostrounos  os diferentes instrumentos da tradición galega (varios tipos de gaita, pandeireta, tambor, cunchas, castañolas, acordeón...), as súas partes, a técnica coa que se tocan e 
o seu son, que acompañaremos dalgunha canción contando coa participación do alumnado para facer deste unha práctica dinámica e interactiva.






Con esta mostra, buscamos que a rapazada coñeza e poña en valor os instrumentos da nosa cultura, sendo un patrimonio a respectar e coidar dende a infancia.

Remataron o taller botándolle unha peza e bailando, como ten que ser!!

miércoles, 16 de marzo de 2022

O poeta que baila. Florencio Delgado Gurriarán

"O poeta que baila" tivo hoxe un día moi emocionante. A principios do curso enviamos un poema de Florencio Delgado Gurriarán a Xabier Díaz, un poema con adufes e ferreñas, e explicámoslle este proxecto e, para a nosa sorpresa, aquel email converteuse nunha aventura para construír un tema musical en grupo. Hoxe máis de 20 alumnas e alumnos e profes do IES Marco do Camballón, de Vila de Cruces, xuntámonos con Xabier e comezamos a facer música. Realmente, parece que Florencio compuxo a principios do século XX este poema con adufes para Xabier Diaz, The Tamborine Man, o século XXI. Hoxe vivimos unha xornada de traballo que non esqueceremos nunca. E seguimos traballando!


Grazas, Xabier! 
 


Pandeirada

Nenas, vinde á pandeirada,
que sinto, no peito, o adufe
do meu desexo, rapazas.
Os ollares churrusqueiros
son mans a bater no adufe
que anda a soar no meu peito.
Nenas, vinde á pandeirada,
a pór acordes co adufe
ás ferreñas das risadas.
Estoupe, que estoupe, que estoupe o pandeiro;
nas bocas floridas que estoupen os beixos;
estoupen os risos e os salaios ledos;
estoupe o xustillo, gaiola dos peitos!
Ledicia da pandeirada:
arcos-peitos, branco-adufe,
frechas-tentacións o rachan.
Eléctrico de desexos
vai estoupar meu adufe
co bater dos vosos beizos.
Ledicia da pandeirada:
acordes co meu adufe
vosas ferreñas, rapazas.
Tanxe, que tanxe, nena rebuldeira,
coas mans que buligan coma bolboretas.
Tanxe, que tanxe, tamén eu tanxera
a bicos, o adufe da boca vermella!