jueves, 11 de octubre de 2012

CRISÓSTOMO O ALIFÁFARO


Un alifáfaro recén chegado dende Braga a Santiago de Compostela narra o seu empeño en cumprir o obxectivo de que os tres nenos da casa crean nel. Pero, como os demais da súa especie logo da maldición dos ananos, non pode ser visto. Os rapaces sempre deixan todo ordenado e nunca desobedecen, polo que é difícil que os pais lles poidan explicar quen son eses seres mínimos causantes de trasnadas. Até que consegue chegar en compañía dun abelurio ao tesouro dos ananos, restituíndo xoias roubadas no pazo.
Entón os adultos explícanlles aos fillos que iso só o puido facer un alifáfaro. Que, así, cumpriu a súa misión.

miércoles, 10 de octubre de 2012

CHARLA:TÉCNICAS DE ESTUDO

O alumnado de 1º da ESO participa no día de hoxe e o próximo 24 de outubro nunha charla sobre técnicas de estudo que terán lugar na aula Manuel Dobarro do IES.

A VOZ DO LAGO

En setembro de 1927 María Mariño e os seus deixan Noia para ir a vivir a Escarabote, preto do pazo de Goiáns, onde traballa de cociñeira unha parenta súa, herdeira da fortaleza cercana ao Lago do Mar. Irene, unha nena de dez anos, coñece os novos veciños e repara na elegancia de María, quen, amais dos vestidos, cose versos e apaña bolboretas no vento. As dúas fan boas migas e María Mariño decide compartir con Irene un segredo: o misterio dun libro que provoca un murmurio no lago.

martes, 9 de octubre de 2012

A CHAVE DA ATLÁNTIDA

Os científicos do «Proxecto Prometeo» crearon A-cero, un ser humano artificial. Un proxecto científico que os bioenxeñeiros da empresa Biomorph desenvolveron a partir da lectura duns pergamiños atopados na fosa Kermadec, cando indagaban sobre a cidade asolagada da Atlántida. Aqueles pergamiños, redactados nunha lingua descoñecida, deixaban ver uns planos nos que se identificaban segredos ocultos, capaces de construír un novo futuro para a ciencia e para a humanidade. A fuxida de A-cero e o seu encontro con Eva e o seu tío Fran desencadeará a busca da chave que permita entrar na Atlántida, unha civilización en estado de hibernación, á que semella poder accederse dende as viguesas illas Cíes. A chave da Atlántida é unha novela de ciencia ficción na que, a un ritmo trepidante, se mesturan os mitos dunha civilización antiga coas posibilidades ofrecidas polas biotecnoloxías e da robótica do futuro.

CONCURSO: A CABAZA MÁIS ORIXINAL


lunes, 8 de octubre de 2012

O LABORATORIO DO DOUTOR NOGUEIRA

É unha señora que estaba sentada no parque con Roberto Nogueira, que lle ofreceu traballo. Despois de pasar moitos días alí, o Doutor  Nogueira ensinoulle o seu laboratorio. Tiña miles e miles de inventos: unha pastilla contra o racismo, para que a xente calva teña pelo, … En xeral era un científico.
A miña opinión é que é un libro moi bonito. Eu recomendó este libro porque é moi interesante. Recomendo que o collades.