miércoles, 24 de septiembre de 2014
viernes, 20 de junio de 2014
Namorados das ciencias
Comezamos este curso que agora remata lembrando uns versos de Kavafis:
Cando saias de viaxe cara á Ítaca,
desexa que o camiño sexa longo,
cheo de aventuras, cheo de coñecementos...
Palabras evocadoras do periplo de Ulises en procura do seu lar, da dilatada
travesía na que tantas xentes e terras ignotas ía descubrir.
Neste século XXI, no que xa se traspasou a última fronteira, no que o
Everest, antaño cume inexpugnable, é case un destino turístico máis, a vertixe
do descoñecido e a chamada da aventura veñen agora do vasto océano da ciencia.
E como Ulises, hai tres milenios, tamén nós hoxe portamos o noso saco de
Eolo: a curiosidade, que enche de continuo as nosas velas.
E non paramos de facernos preguntas:
É verdade que o cristal é un líquido?
Cal é a orixe do cero?
Por que non se oxida o aceiro inoxidable?
Son cousas que eu non sei
Como a razón pola que se producen as resacas
Ou pola que as postas de sol son de color laranxa
Por non falar xa
De cómo se mide o peso dun planeta
Ou de por qué dormen as quenllas e os golfiños sen afogarse
Amor meu
Látego centrífugo de algas siderais
Enigmas como o de se é verdade que a suor dos hipopótamos é rosa
Así somos e así nos temos un ao outro
A ciencia eu e ti
(Látego de algas, Antón Reixa)
Quizais non atopemos todas as respostas. Pero a viaxe, ben paga a pena.
Feliz verán a tod@s!
Carla Castro Pedreira, Scientia, recreación do poema Látego de algas
Cecilia García Soto, Sentido, recreación do poema Látego de algas
David Pedreira Chorén, Sen título, recreación do poema Látego de algas
jueves, 19 de junio de 2014
viernes, 13 de junio de 2014
Recomendacións de lecturas, vídeos e música para o verán
Este ano as suxestións de lectura véñennos das estrelas: @s astrónom@s len... e recomendan.
Aproveita o verán para navegar polo cosmos do cine e da literatura.
Ademais da xente do mundo da astronomía, tamén nos suxiren lecturas para este verán alumnos e alumnas de 2º, 3º e 4º de ESO
jueves, 12 de junio de 2014
domingo, 8 de junio de 2014
CambaLetras 2014: respostas do 3º bloque e clasificación definitiva
As respostas do 3º e último bloque do CambaLetras deste ano foron as seguintes:
1. O autor ao que se lle dedica o
Día das Letras neste ano escribiu un
poemario cun título que fai referencia a un tipo de nubes. Neste libro hai un
poema que ten o mesmo título; localízao e copia os tres últimos versos.
“eu deixo eiquí os nimbos, coma cinza
de rosas que onte encheron de perfume
o mundo, morto xove, dalgún soño.”
2. A que dramaturgo se lle dedicou moi
recentemente o Día das Letras?
Roberto
Vidal Bolaño
3. A que obra do autor homenaxeado en
1997 corresponde a CDU da nosa biblioteca N/FOL/ter?
Terra brava
4. De que autor, homenaxeado nos
comezos da celebración do Día das Letras, son as “cousas” máis famosas da
literatura galega?
Castelao
5. Que autora escribiu, xa hai moito,
un poema denunciando o maltrato que sufrían os galegos que ían á sega a
Castela? Indica tamén o título do poema.
Rosalía
de Castro, “Castellanos de Castilla”
Xa sabedes que as respostas de cada equipo aparecen publicadas como comentarios na entrada das preguntas correspondente.
CLASIFICACIÓN
DEFINITIVA ORDENADA POR MAIOR PUNTUACIÓN
EQUIPO
|
PUNTUACIÓN POR PREGUNTA
|
TOTAL PARCIAL
|
TOTAL FINAL
|
1.
Tres nenos
|
0+5+4+5+5
|
19
|
67
|
2.
Medio limón
|
4+5+4+5+5
|
23
|
64
|
3.
O armadillo
|
Non responderon
|
0
|
48
|
4.
Equipo B
|
Non responderon
|
0
|
41
|
5.
Galeg@
|
0+5+4+5+5
|
19
|
41
|
6.
Lánzalo
|
0+5+4+5+5
|
19
|
39
|
7.
Manera
|
Non responderon
|
0
|
21
|
8.
As 3
galegas
|
Non responderon
|
0
|
14
|
9.
As
principiantes
|
Non responderon
|
0
|
13
|
10. GGRR
|
Non responderon
|
7
|
7
|
11. Individual
|
Non responderon
|
0
|
0
|
Polo tanto, aínda que a clasificación foi bastante reñida, finalmente o equipo ganador é Tres nenos, formado por Adrián García Torres, Roi Guzmán Gómez e Alexander Iglesias Santandré de 1º de ESO. Parabéns!!!!
Etiquetas:
Cambaletras 2014,
Concurso,
Letras Galegas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



