Onte o alumnado de 2º ESO e 2º Bacharelato visitaron a cidade Compostelá para visitar o Pórtico da Gloria e aproveitaron para percorrer as distintas prazas que rodean a Catedral e ver que elementos forman parte de cada unha das fachadas. Aproveitaron para ver o Igrexa de San Paio de Antealtares e visitar o seu museo e coñecer un pouco a historia da casa da Parra. Non marcharon da cidade sen antes percorrer o casco antigo e pasear polas rúas e coñecer algunha curiosidade que se agocha delas.
miércoles, 12 de febrero de 2020
Monte Gaiás
O alumnado de 4º ESO foron ao museo e a biblioteca e asemade visitaron a exposición sobre A emigración
IV Congreso NOSA

O congreso deste ano estivo organizado polo IES Xelmírez II e tivo lugar no Auditorio de Galicia. A conferencia inaugural sobre contaminación luminosa correu a cargo do físico da USC Salvador Bará. Contamos coa presenza da conselleira de Educación, Carmen Pomar, que se dirixiu aos asistentes antes de dar paso á mesa científico-tecnolóxica.
O noso instituto achegaba dous relatorios: Microorganismos extraterrestres, de Lucía Pampín e Iván Fernández, e que explicaba os resultados dos dous experimentos biolóxicos que viaxaron na MarumaSat IV; Intervalos preditivos na detección de muóns, de Laura Domínguez, Christian Souto, Vicky Rivas e Alba Lareo, que explicaba o procedemento de estimación de intervalos a un certo nivel de confianza a partir dos datos do detector de muóns instalado na cápsula.
A xornada completouse cun recital poético-musical sobre mulleres astrónomas a cargo da poeta Estíbaliz Espinosa.
martes, 11 de febrero de 2020
Concurso Odisea

Pero agora, os datos do concurso Odisea 2020:
Este ano están concursando 5.331 alumnos e 346 profesores de toda España, distribuídos en 2.079 grupos procedentes de 309 centros.
No caso de Galicia, participaron 243 equipos de 39 centros diferentes procedentes das catro provincias.
Na primeira fase do concurso, quedou vencedor de todos eles o equipo cruceño LUSAMA, que este mércores 12 de febreiro participará no desempate autonómico competindo con outros catro centros galegos que obtiveron a mesma puntuación aínda que precisaron máis tempo para responder as preguntas.
Parabéns e moita sorte LUSAMA, xa fixestes un traballo espectacular.
Parabéns tamén ao resto de equipos participantes: TACE!, TOK, TWIN TURBO, ZC´S e CLEOPATRA que conseguiron moi boas puntuacións e amosaron un gran entusiasmo e ganas de gañar.
lunes, 10 de febrero de 2020
As nosas mans construiron o mundo
O alumnado de 1º TAPSD realiza un mural na residencia de Vila de Cruces co lema: As nosas mans construiron o mundo, repasaron cos usuarios as súas vidas para rescatar deste xeito o valor inmaterial dos nosos maiores.
miércoles, 5 de febrero de 2020
Visita da poetisa Ana Vila Portomeñe
Hoxe visitounos a poetisa labrega taboadense Ana Vila Portomeñe que nos explicou como crea os seus poemas. Partindo dun poema dela títulado Canta, o alumnado de 1º de ESO animouse a facer un poema e o resultado foi impresionante. Grazas Ana por compartir con nós este taller de poesía.!!
Etiquetas:
1º ESO,
Ana Vila Portomeñe,
Autor@s,
Poesía
Suscribirse a:
Entradas (Atom)