Celebramos o día da Paz traballando lemas, nas titorías.
viernes, 29 de enero de 2021
lunes, 18 de enero de 2021
Xornadas de Relaxacións
Durante esta semana vai ter lugar unhas sesións de Relaxacións guiadas por Montse. Faráse na hora de titoría nos grupos de ESO e en Bacharelato, Ciclos e FPbasica nunha sesión de clase. Farase na aula de referencia por cuestións sanitaria.
lunes, 21 de diciembre de 2020
Proyecto 25Nov
O pasado 25 de novembro, realizamos no IES un acto, para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. O alumnado de Imaxe e Son de 2º de Bacharelato gravou, editou e montou este vídeo.
Grazas polo voso traballo: Christian Otero, Lorena Medela e Xabier Vila.
martes, 15 de diciembre de 2020
Recomendacións de Nadal
Xa estamos a piques de rematar o trimeste e comezar un tempo de lecer. Dende a biblioteca facemos unhas recomendacións por se é do voso interese. Boas lecturas!!
jueves, 3 de diciembre de 2020
O noso monstro
Para conmemorar o día Internacional de persoas con discapacidade, o alumnado de 1º de ESO estivo traballando "Os monstros de cores" e concluimos que cada un agocha o seu mostro e aquí queda reflectido.
Etiquetas:
1º ESO,
Día Internacional da Discapacidade
Baixo a mesmo paraugas
Dende
o IES Marco do Camballón quixemos aportar o noso gran de area a prol da
inclusión e da diversidade, entendida como algo enriquecedor para a
sociedade en xeral e para a nosa comunidade educativa en particular.
Por iso, este ano unímonos á iniciativa "Baixo o mesmo paraugas" para conmemorar o Día Internacional da Discapacidade.
Moitas gracias a todo o alumnado e profesorado pola vosa implicación e colaboración.
Música: "Mensajes del agua". Macaco (2011).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)