miércoles, 28 de abril de 2021

Decalcomonias

 

 

Xa chegaron as decalcomonías ao Instituto, se queredes podedes pedilas.

lunes, 26 de abril de 2021

Concurso de Escritura rápida


 Estes son os  textos seleccionados para o concurso de escritura rápida.


 
 
 Os premiados son:
- "Un lugar para perderse"- Nuria 4º ESO
- "Libro favorito"- Anxo 1º ESO
- "Que pasou despois"- Victoria 1º ESO
- "14 de marzo de 2020"- Vanessa 1º TAPSD

viernes, 23 de abril de 2021

Día do Libro

 
 
Este ano no Marco do Camballón fixemos un concurso de escritura rápida para conmemorar o día do libro e o resultado foi sorprendente. Durante a semana pasada foronse propuxendo diversos temas sobre os que escribir: un lugar para perderse, o teu libro favorito, o que pasou despois e 14 de marzo do 2021.                                                                   O volume de producción foi moito e moi diverso polo que o xurado tivo que facer unha selección relatos por temática proposta.
Estes son algúns dos finalistas desta convocatoria, que hoxe tiveron unha xuntanza co equipo de biblioteca e recibir un pequeno agasallo.

Moitas grazas a todos por participar nesta inicitiva da biblioteca.

jueves, 15 de abril de 2021

Programa sobre o autocoidado

 

 Hoxe tivo lugar un programa de Radio elaborado polo alumnado de 1º de ciclo medio
de APSD en colaboración coa súa profesora Montserrat Sanmartín tratando a temática do autocoidado.

Para escoitalo pincha aquí.

miércoles, 14 de abril de 2021

Visita de Cristina Gende e Consuelo Souto

Esta tarde tivemos a sorte de poder contar coa presenza de dúas poetisas do noso Concello para falarnos dos seus poemarios, algúns publicados ( exemplares que hai na nosa biblioteca) e outros a piques de saír a luz. Moitas grazas por compartir e deixar  aflorar tantas ideas e inquietudes.

 

lunes, 12 de abril de 2021

Xornada de nutrición


 Hoxe estivo no centro unha ex- alumnada Uxía González que é nutricionista e falou co alumnado do centro sobre a importancia que ten levar unha alimentación saudable.