viernes, 10 de febrero de 2023

Risco en Internet



O mércores 8 de febreiro recibimos a visita da Garda Civil, que nesta ocasión e no marco do Plan Director, falaron co alumnado de 1º ESO, 2º ESO e Formación Profesional Básica sobre os riscos de internet (ciberacoso, sexting, grooming, importancia da privacidade na rede....).Se ben as novas tecnoloxías e redes sociais teñen aspectos positivos, tamén é certo que é conveniente coñecer os seus riscos para poder evitalos e movernos de forma segura no entorno virtual.

jueves, 9 de febrero de 2023

Expoferr


O alumnado do Ciclo de Soldadura asistiron hoxe en Silleda a unha mostra dos produtos e novidades do sector das ferramentas. Estaban presentes para varias familias profesionais pero destacaban o material do sector metal. Os 9 alumnos de segundo xunto cos seus profes  Rocío e  Rubén, percorreron os stands vendo algunhas das novidades. Chamoulles a atención a soldadura láser e os EPI's de nova fabricación.

Visita de ORTODEZA



 As alumnas do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia contaron coa visita de ORTODEZA, unha empresa que ofrece servizos ortopédicos e de parafarmacia en Lalín e a súa comarca. Tivemos a oportunidade de poder ter un contacto directo con productos de apoio de especial relevancia na atención a Persoas en Situación de Dependencia. Agradecer a colaboración e participación da equipa de Ortodeza.






Amor propio


O amor propio é o noso lema para a semana de San Valentín. Que farías por ti mesmo para demostrarte amor? Ver atardeceres, escoitarme sen xulgarme, xogar ao baloncesto.... escribe nun dos nosos corazóns vermellos o que farías por ti mesmo e colgado na árbore do amor propio!!!



miércoles, 8 de febrero de 2023

Visita a Casa do Maior de Oliveira

 As alumnas do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia visitaron a Casa do Maior de “Oliveira” situada en Duxame. Alí foron recibidas e acompañadas por Cristina Arias
(patrocinadora do proxecto)  e exalumna do IES e Vanessa Costas, exalumna do ciclo e emplegada na Casa do Maior. Coñeceron de primeira man as actividades e a programación que alí se desenvolve con 5 usuarios e unha vez máis tiveron a oportunidade de ampliar a súa perspectiva laboral a través do contacto cunha posible alternativa de autoemprego. Dende o centro queremos agradecer a cálida benvida e a gran profesionalidade coa que as anfitrionas recibiron as alumnas.




Cita a cegas coa literatura



Toda alegría es contagiosa y desarma los sentimientos de odio.

Suite Francesa, Irene Némirovsky.

Cita a cegas coa literatura. Escolle a túa cita e coñece xente interesante...