lunes, 12 de mayo de 2025

Amadriñamento lector

 

As alumnas de 1º de Tapsd, celebraron venres o libro facendo un amadriñamento lector na escola infantil
de Vila de Cruces.



Leron os libros Violín, Cocorico e os Tres Porquiños nas diferentes liñas de 0-1; 1-2; 2-3.



viernes, 9 de mayo de 2025

Marco di Murano


 

Onte veu o noso centro Marcos Porto, autor da novela Marco di Murano, que leron os membros dos distintos Club de lectura do centro.





 Na charla, que tivo lugar na aula Manuel Dobarro, falou do proceso de creación e edición do libro.


Tratou aspectos históricos, artísticos e culturais de Venecia, Milán e Florencia,  cidades nas que está ambientada a historia de Marco. Ademais recordounos a importancia de crer en nós mesmos e de que fagamos aquilo que nos apaixone.


Moitas grazas pola túa visita @marcodimurano!

jueves, 8 de mayo de 2025

Visita a Industrias Guerra

O alumnado de 1º de Bacharelato de Tecnoloxía-Enxeñería e Debuxo Técnico, fixo unha visita a unha empresa do Concello, do sector do metal, Industrias Guerra, S.A.

A finalidade é que o alumnado coñeza o funcionamento en sito, dos diferentes departamentos que forman unha empresa con fabricación propia: deseño, produción, corte e conformado, mecanizado, ensamblaxe, montaxe, calidade, …

O alumnado puido probar o funcionamento don novo deseño que a empresa esta realizando, no mundo da robótica.

Aproveitamos para informar que dita empresa vai realizar un curso gratuíto de formación (achegamos arquivo), para aqueles con ganas de traballar e aprender, e que nun futuro poidan incorporarse a empresa.”


lunes, 5 de mayo de 2025

Obradoiro de Radio


Hoxe tivo lugar o obradoiro de Radio impartido por Damián Alonso de Ponte nas ondas.

O alumnado de 1º de ESO, nunha primeira parte teórica, melloraron a lectura, tendo en contas as normas de puntuación., de interrogación... Tamén lles ensinou a cambiar o son da voz (ton, timbre...) para poder expresar distantes emocións, estados de ánimo...




Na segunda parte da sesión fixeron, por parellas un programa de radio no que ademais de escribir o guión debían escoller unha música ou efectos para finalmente facer a locución.






jueves, 1 de mayo de 2025

Roteiro do libro A extraña desaparición de Carolina Santomé


O noso alumnado de 1º de ESO viaxou a Piloño para percorrer os lugares nos que, no seu día, Carolina Santomé percorría na súa parroquia natal. Carolina é a protagonista da obra de María José Viz, "La extraña desaparición de Carolina Santomé", neta dos caseiros de Pazo de Raíndo, desaparece en extranas circunstancias. 

Estiveron na casa para que casou Carolina, foron o Colexio onde ela estudio, pasaron pola casa do seu mestre(que a animou a ler poesía), foron a capela de Hoyvas, a igrexa de Santa María de Piloño (onde ela casou), viron o Pazo de Raíndo, estiveron na casa de Don Manuel (o cura da parroquia), pasaron pola fonte e lavadoiro de Taboada visitaron a capela das Angustias e finalmente remataron cunha visita a Fundación A Solaina.


Apadriñamento lector no CEIP Cerdeiriñas


E xa que estaban en Piloño o noso alumnado de 1º de ESO de Relixión, aproveitaron e remataron a xornada facendo o apadriñamento lector ao alumnado de Infantil do centro. 

Comezaron coñecéndose un pouco e falando das cousas que máis lle gustaban, para logo cada un dos alumnos do Camballón ler o conto que elexirán.




Tiveron a sorte de ser agasallados cada un dos mozos e mozas do instituto cun lapis para que se poñan a escribir as súas propias historias.
 Grazas!!