Esta semana, como xa sabedes, remata o concurso CambaNet, salvo que se produza un empate na primeira ou na segunda posición. De ser así, habería que desempatar respondendo a un par de preguntas que se publicarían o luns da vindeira semana.
Tede en conta que o luns 4 de maio é festivo, así que non poderedes investigar na biblioteca ata o martes 5.
Moito ánimo aos equipos que seguides en concurso e sorte a tod@s!
A continuación publicamos as preguntas correspondentes á 10ª fase (Departamento de Linguas Clásicas) do concurso CambaNet que deberedes responder entre o luns 27 de abril e o venres 1 de maio.
Lembrade que para responder estas preguntas debedes enviar un comentario coa resposta a todas elas ou ás que saibades no prazo arriba sinalado. Para enviar o comentario en "Comentar como" debedes seleccionar "Nombre/URL" e escribir o nome do voso equipo no primeiro recadro (o de nome), deixando o resto en branco. É indispensable que figure o nome do equipo para poder puntuar as preguntas.
Recordade tamén que cada equipo só pode realizar un envío.
A puntuación será a seguinte:
Cada resposta correcta: 5 puntos
Resposta con 1 falta de ortografía: 4 puntos
Resposta con máis de 1 falta de ortografía, incorrecta ou fóra de prazo: 0 puntos
As solucións e mais as respostas de todos os grupos, así como a clasificación, faranse públicas o domingo 3 de maio. Para resolver posibles dúbidas, consultade as instruciónsnesta ligazón.
Lembrade que o venres 1 de maio é festivo e non poderedes facer consultas na biblioteca!
As preguntas son as seguintes:
1. Cara ao final das Euménides
(obra contida no volume que ten a signatura 807/ESQ/tra), unha importante deusa
do panteón grego pon paz entre Orestes e as súas perseguidoras. Segundo a
lenda, esta deusa entregou aos atenienses unha oliveira, a carón da cal, no
século V a.C. , se erixiu un templo que tomou o nome dun rei mítico da cidade e
que é coñecido, sobre todo, por ter as máis femininas das columnas gregas.
Como se chama o templo? Como se chaman
esas columnas?
2.
Nos andeis da sección de Linguas Clásicas podedes atopar algunhas das
obras do poeta que formulou o tópico literario do carpe diem. En que páxina do exemplar que temos na nosa biblioteca podemos
atopar este verso? A quen está dirixido o poema?
O pasado 17 de outubro de 2014, coincidindo co Día internacional para a Erradicación da Pobreza, arrancou o concurso de Clipmetraxes de Manos Unidas co lema "O desafío da fame no mundo II". A final autonómica tivo lugar o 10 de abril na Coruña.
O alumnado de Relixión desde 2º ESO ata 2º Bacharelato do instituto presentou 15 propostas para sensibilizar sobre a fame e denunciar as causas durante un minutos.
Os nosos comportamentos, o noso modelo socioeconómico e as nosas actitudes están detrás das causas da fame. A degradación medioambiental, os biocombustibles e o acaparamento de terras son as tres causas evitables e denunciables da fame no mundo.
Aproveitamos a viaxe para visitar a casa onde residíu Pablo Picasso dende 1891 ata 1895 e onde están expostas 33 das súas obras.
Tamén fomos ao monte de San Pedro, onde subimos no ascensor panorámico, vimos os canóns e a cúpula atlántica, paseamos polo labirinto inglés elaborado con plantas italianas e gozamos das vistas da Coruña.
As respostas correctas ás preguntas da 9ª fase son as seguintes:
1. Celébrase este ano o IV centenario da publicación da II Parte dunha obra moi coñecida da Literatura Castelá. Cal é a derradeira palabra desta novela (antes de "Fin", claro)?
"Vale"
2. Se multiplicas por 2 o número de poemas que contén o Romancero Gitano terás unha cifra que se corresponde cunha data na que se iniciou no século XX un importante conflito bélico. O mesmo día que rematou esa guerra, pero 10 anos antes naceu un coñecido autor checo cuxa novela máis importante foi levada ao cine no ano 1987. Cómo se chama o director desta película?
Os departamentos de Música e Relixión levaron ao alumnado de 1º e 2º ESO ao Auditorio de Galicia e a xeadería Xearte Brigitte
No auditorio asistimos a un concerto coa música do "Romeo e Julieta" de Sergei Prokofiev, cunha representación escénica da traxedia con monicreques. E na xeadería tivemos ocasión de ver como é o proceso de fabricación dos xeados, con produtos sempre da terra, como foi o caso dos xeados de fresas que puidemos degustar
Un galiñeiro,
unha sala para relaxarse despois do traballo ou un espazo de lamentacións na intimidade para o
alumnado acorado polos exames. Estas e outras respostas nos destes cando vos
preguntamos pola posible función desa estrutura que pouco a pouco ía montando
o alumnado de Soldadura.
Logo veu a
xente de Plástica de 4º e transformou a "fachada principal" na
portada dun manual de autoaxuda para vagos. Aí o tedes: é un libro xigante no
que queremos que entredes para contarnos calquera cousa que queirades compartir
sobre as vosas lecturas: personaxes, autores, sensacións, críticas, gabanzas,
libros ou películas... de xeito individual, por parellas ou en grupos
(reducidos, que o espazo é mínimo!).
Aquí tedes
unha mostra para ir quentando motores:
Entrade na dimensión literaria e deixade a vosa testemuña! Para que vos podades gravar, haberá unha cámara e un trípode na cabina durante os recreos e alguén do equipo de colaboradoras da biblioteca que resolverá posibles dúbidas.
E estes son os marcapáxinas cos que nos agasllaron as alumnas do Club de lectura despois de ler Las hijas de Tuga de Ricardo Gómez.
Marcapáxinas, un agasallo das alumnas do Club de lectura para o Día do Libro on PhotoPeach