viernes, 31 de mayo de 2024

Saúde mental

 Seguimos a traballar sobre a educación emocional, neste caso centrándonos na saúde mental. 


Na asociación Fonte da Virxe de Familiares e Amigos do Enfermos Mentais, son coñecedores da importancia de formar e informar sobre a saúde mental. Conscientes da relevancia do tema, da transcendencia a calquera idade, incluída a adolescencia, e da importancia de traballar dende a prevención, no mes de maio visitounos persoal da asociación para levar a cabo un obradoiro co alumnado de 4º ESO. 


Abordouse a saúde mental, regulación emocional, xestión do estrés, autodeterminación e empoderamento mediante dinámicas activas e participativas nas que o alumnado foi o protagonista.

Programación do 25 Aniversario


 

Ruta Santa Mariña de Bascuas.

  O  alumnado de 4º ESO estivo percorrendo a Parroquia de Bascuas. Partiron do lugar de Fondevila onde visitaron a primeira escola, a cal é unha das vivendas máis antigas da parroquia, como se pode ver no portal 1821. Pasaron pola fonte e lavadoiro do mesmo lugar datado de 1908 ambas edificacións a carón da Casa de turismo rural Casa dos Cregos. Visitamos   o campo da festa do Outeiriño que agora está en desuso por ter outro cunha mellor ubicación e mais extensión de terreo que tamén viron. Visitaron o torno de Barcala, unha construcción que empregaba a auga para que o carpinteiro puidera tornear a madeira sen tanto esforzo. 

No lugar Dosmestres viron o palomar da Rigueira, a fonte e lavadoiro antigo da aldea de Arriba, hoxe en desuso, e tamén fonte moderna que está situada no parque infantil desta parroquia.
Visitamos a igrexa, a mámoa, a moa de Oleiro xa a carón do río Deza. Onde tamén vimos a balsa, a pesqueira, o serradero e o muiño que pertenece da familia Soto, tamén coñecida coma os da Rigueira.
Rematamos no porto para despois dirixirmos ata o punto de partida, pasando pola casa de turismo rural e visitando o seu palomar.

jueves, 30 de mayo de 2024

A conta atrás ....

 Xa está todo preparado para a gran celebración que terá lugar mañá. Conmemoraranse os 25 anos de historia do IES de Vila de Cruces que co tempo pasou a chamarse IES Marco do Camballón.


Nestes paneis podedes ver algunhas das persoas que pasaron por el, actividades e conmemoración que se fixeron, lugares que se visitaron, momentos vividos.... pero claro está que non se dou recopilado todo. 
Mañá vai ser un día para recordar eses momentos, que sen dúbida están na memoria de todas as persoas que percorreron os corredores do centro. 



A historia do Camballón está escrita polos que pasamos por aquí: alumnado, nais e pais, persoal non docente, profesorado ... Esperámosvos!!


miércoles, 29 de mayo de 2024

Prevención de adiccións. Proxecto Home


Dende Proxecto Home informan ao alumnado de 2º, 3º e 4º ESO e 1º FPB sobre as adiccións, co

obxectivo de informar e previr as mesmas.

Que son as drogas, tipos, efectos e consecuencias son algunhas das cuestións que se abordaron nas sesións, concienciando ao alumando da importancia de tomar decisións adecuadas e saber dicir que NON. No caso de 2º ESO e FPB, as sesións centráronse tamén na prevención de adiccións sen substancia (adicción ao móbil, videoxogos, apostas....), pois son tan dañinas como aquelas nas que se inxiren substancias e tamén requiren de tratamento.

O alumnado participou de forma activa nas distintas sesións, nas que se pretende, entre outras cuestións, favorecer o pensamento crítico e o ocio saudable.


martes, 28 de mayo de 2024

Somos das Cruces

 

Hoxe tivemos o pracer de entrevistar a dous irmáns que naceron nas Cruces, cabeza de concello hoxe en día pero que cando eles naceron pertencia a parroquia veciña de Besexos a maior parte dela e unha pequena parte pertencía a Cumero. 

Carlos e Manuel Mella contáronnos moitos datos da parroquia na que naceron e  como eles a recordan e como chegou ao que é agora.


Moitas grazas por  contarnos a a historia das nosas parroquia para poder coñecelas un pouco máis e que non morra a historia cultural e humana que nos rodea.

Grazas tamén as nosas locutoras María, Xulia, Alba, Xiana e Cristina polo seu traballo e  por contribuír deste xeito co proxecto CP Edusaúde e Somosdascruces. 

É importante manter viva a memoria dos nosos antepasados para que historia do noso pobo sexa herdanza das xeneracións vindeiras. 



 

viernes, 24 de mayo de 2024

Cociñando con Maruja

 

O alumnado do 1° curso do Ciclo de TAPSD asistiu hoxe a un obradoiro de cociña, impartido por Maruja da Cunca. Nesta ocasión prepararon carne richada de dúas maneiras diferentes, unha máis tradicional con patacas cocidas e outra actual con pementos e patacas fritidas. Esta é unha receita orixinaria do concello de Forcarei e elaborada de formas distintas en moitas comarcas galegas. O alumnado repartiu o traballo, mentras uns facían de pinches outos apuntaban a receita ou a gravaban en vídeo. Moitas grazas a Maruja por colaborar con nós!!




jueves, 23 de mayo de 2024

Ruta de Piloño

 O alumnado de 4ºESO de Relixión que está a participar no Proxecto Somos das Cruces, do programa da Xunta EduSaúde, foi onte marcar unha nova ruta, esta vez pola Parroquia de Piloño. 

Realizaron un roteiro circular que parte do Campo do 21, dende onde se pode ollar o Castro de Alcobre. O percorrido transcorre ao carón do Regato Dobreixa ata chegar ao Lourido. De aquí dirixíronse hacia o


cruce con Liñares para coller a carretera que leva a Caseda. Alí visitamos unha fonte e a Capela de Santa Cruz dende onde se pode ver unha vista panorámica de Arbéan. Baixaron por unha corredoira dirección Lavadoiro e fonte de Arbéan cuxa data de construcción é 1954. 

Seguiron dirección Capela de Hoy Vas que data de 1696 e foi reformada 1748. Posteriormente subiron hacia a Igrexa parroquial de Santa María de Piloño de onde se pode ver o Pazo de Raíndo. Viron as escolas Vellas e o CEIP Cerdeiriñas que conta con cinconta anos de historia. 

Fixemos unha parada na casa Rectoral de Piloño, beberon un grolo na Fonte de Paxariñas para dirixirse cara a Capela das Angustías. De alí voltaron ao Campo do 21 e remataron a ruta na Fundación Paco Lareo.


miércoles, 22 de mayo de 2024

Participamos no último lanzamento da NOSA

 Este mércores 22 de maio, o alumnado de 4º ESO do IES Marco do Camballón participou no lanzamento da cápsula estratosférica MarumaSat VI, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela ás 13 h. A actividade está organizada pola NOSA. Axencia Espacial Escolar Galega, da que forman parte outros cinco centros públicos do país canda o noso: CPI O Cruce (Cerceda), IES Miraflores (Oleiros), IES Xelmírez II (Santiago de Compostela), IES Ramón Caamaño (Muxía) e CEE de Panxón (Nigrán).

A cápsula montaba os experimentos da chamada Misión asubIA, en referencia ás potencialidades da intelixencia artificial que se incorporaron. Son os seguintes:

- Un levitador para medir as variacións de velocidade de transmisión do son en altitude. Este experimento foi proposto pola intelixencia artificial, en concreto pola ferramenta coñecida como ChatGPT.

- Dous experimentos biolóxicos, unha mostra de ADN e outra dun fungo liofilizado para estudar como lles afectan condicións atmosféricas extremas. 

- Unha placa peltier que transforma as baixas temperaturas exteriores en voltaxe, de xeito que nun lanzamento futuro poida ser empregalo como fonte de alimentación doutros dispositivos internos.

- Un localizador LoRa, deseñado por alumnado, para rexistrar coordenadas de posición.

- Unha radiosonda para medición de variábeis atmosféricas, que servirán para unha análise numérica e tamén para a elaboración da harmonía musical do ascenso co emprego da ferramentas de intelixencia artificial.

O lanzamento foi un éxito, se ben non estivo exento de dificultades. A cápsula vai impulsada por un globo meteorolóxico inflado con helio, e este ano tivemos que xestionar unha importante dificultade nese aspecto. O primeiro globo rispóusenos nos intres previos á conta atrás. Nun traballo de equipo excepcional, o alumnado soubo refacerse e en cuestión de minutos preparamos un segundo globo e estabamos listos para o lanzamento. Todo saíu ben desta vez e puidemos entrar na segunda fase, que

é o rescate da cápsula no punto de aterraxe.

O grupo de seguemento e rescate do noso centro estivo formado por Daniela del Río, Nerea Canda, Victoria Méndez, Xiana Rey e Xiana Taboada. Coas coordenadas da aterraxe, o noso equipo foi o primeiro en chegar ás inmediacións, nun punto da montaña raiano con Castela. Tras un breve rastrexo da contorna, atopamos a cápsula en boas condicións tras o impacto. O seguinte paso será a análise dos datos rexistrados de cara ao seguinte congreso. 

Outros dos fitos deste ano foi que, por segundo ano consecutivo, un equipo do noso centro retransmitiu o lanzamento en directo a través da canle de Youtube da NOSA, coa novidade de empregarmos medios profesionais xestionados polo alumnado (rexidor: Unai Ayude; cámara: Xiana Sánchez; presentadores: Pablo Núñez e Xoán Vila; director: Xabier Ferro).

O profesorado da NOSA quere felicitar e agradecer o magnífico traballo e compromiso do alumnado do centro en todas as responsabilidades do proxecto nas que se involucrou. Neste punto, non podemos esquecer o difícil comentido do equipo de atado e inflado que, malia o momento de tensión vivido, soubo resolvelo de xeito óptimo, con cabeza e tempero. Parabéns a todas e todos!


Obradoiro de radio!

 

O alumnado de 1º de ESO asistiu a esta actividade impartida por Damián Alonso da asociación Ponte nas Ondas. Desenvolveuse durante cinco sesións de clase nas que traballaron coa voz cambiando o volume, o ton e o timbre. Tamen aprenderon a utilizar o programa Audacity co que realizaron gravacións e edicións de sons así como preparación e creación de podcast. Remataron a xornada elaborando un programa de radio!!


viernes, 17 de mayo de 2024

Miña nai

 Nun día como o de hoxe, as alumnas de Relixión de 4º ESO de Relixión, quixeron facer unha homenaxe non unicamente a Luisa Villalta Gómez, senon tamén as nais que dende o seu ventre nos vincula coa lingua materna.

A nai que sempre coida,
que non come,
para que nós non pasemos fame,
que vende o que ten,
para que non  nós lle falte nada aos fillos,
que sempre está a noso carón,
aconséllanos e deixamos camiñar.....,
coma nosa nai non hai outra e 
sen ela non somos quen de nós consolar.


jueves, 16 de mayo de 2024

Ler ten premio!. Excursión do Club de lectura

Ler ten premio! Excursión do club de lectura! O alumnado integrante dos distintos clubs de lectura que desenvolvimos este curso participou nunha actividade organizada pola biblioteca para premiar o seu interese pola lectura. Iniciamos a xornada en Padrón onde visitamos a Igrrexa de Santiago, o paseo do



Espolón e a casa Museo de Rosalía de Castro. Pola tarde acudimos á Cidade da Cultura para ver a exposición Tesouros Reais, obras mestras do Terra Sancta Museum e a Biblioteca de Galicia. Moitas grazas a todxs que participastes durante este curso no club de lectura!! Que o voso amor pola lectura continúe!!







martes, 14 de mayo de 2024

Excursión País Vasco

 Os días 1,2 e 3 de maio viaxamos ao País Vasco compartindo aventura cos institutos Basanta Silva de Vilalba e de Río Cabe de Monforte. Era a oitava edición do "Regueibertso", unha convivencia anual entre regueifeiras adolescentes da Galiza e bertsolaris de Euskal Herria. Esta convivencia ten dous obxectivos: xuntarnos para improvisar en verso e coñecer e compartir as nosas linguas e culturas. A regueifa é unha ferramenta para, entre outras moitas cousas, ampliar as relacións socioculturais e vivir emocións, ideas e actividades como esta, onde improvisar em verso é unha forma de vivir creativamente.

Estivemos en Igorre, no IES de Arratia, cun alumnado que nos acolleu moi hospitalariamente e con quen apredemos e nos divertimos. Realizamos diversas actividades, como unha visita ás Covas de Balzola, onde o escritor e profesor Angel Larera nos explicou a mitoloxía da zona, ou un obradoiro de baile tradicional.

Tamén participamos en dous festivais de improvisación, en Igorre e en Dima, onde o alumnado das Cruces, Vilalba e Monforte cantamos improvisando sobre temas variados: neardentais, eucaliptos ou a celulosa ALTRI.


FP das familias de administración e agraria

 Esta semana visitáronos tres docentes do IES de Arzúa para presentar ao alumnado de 3º da ESO os ciclos formativos que se poden estudar no seu instituto, onde se imparten ciclos básicos, medios e superiores das familias de administración e tamén de agraria.

O alumnado puido coñecer que se estuda e que se aprende a facer nos ciclos que imparten, tendo máis información para o seu proceso de toma de decisións.

viernes, 10 de mayo de 2024

O sobreiral de Arnego

 


Visita ao sobreiral de Arnego do alumnado de 1º de ESO. 

Dous integrantes de ADEGA guiáronnos por un terreo custodiado por dita asociación.


martes, 7 de mayo de 2024

Adrián na Olimpíada Filosófica Estatal


 O noso Alumno de Filosofía Adrián Pampín de 4º ESO ven de participar na Olimpíada Filosófica Estatal de Filosofía celebrada en Bilbao 10 e 20 de abril. Todo un orgullo para o centro levar tan boa representación galega! Parabéns Adri polo teu marabilloso traballo!

lunes, 6 de mayo de 2024

A cociñar!!


 E seguimos na cociña! 

Desta volta o alumnado do Ciclo de TAPSD practicaron a elaborar unha tradicional tortilla de pataca.

 Unha receita para repetir!

Educación emocional: proxecto EU

 

No marco dos contrato-programa Emocióna-T, centrámonos no descubrimento persoal nos cursos de 3º e 4º ESO, levando a cabo o proxecto EU. Trátase dun proxecto de autodescubrimento a través de dinámicas de autocoñecemento e mediante a reflexión e identificación das cualidades propias. No programa, traballamos sobre as habilidades sociais e de comunicación, adquirindo estratexias para o

autocoñecemento e valoración positiva das diferenzas entre as persoas, potenciando a autoestima, empatía e asertividade, á vez que promovemos o bo trato. Coa axuda da entidade Anacos Educativos, aprendemos a de-construirnos de xeito respectuoso, favorecendo a identificación e expresión emocional. Aquí podedes ver un resumo das sesións.

sábado, 4 de mayo de 2024

25 aniversario

O Camballón está de aniversario, nin máis nin menos as bodas de plata!!. 
Seguro que durante estes 25 anos vivistes moitos momentos inesquecibles no instituto, queremos recoller algunhas das nosa anécdotas e podelas contar no acto que se fará o 31 de maio.
Exalumnado do centro envíademos eses momentazos, que pasados os anos non podedes esquecer. Podedes facelo en calquer destas canles:
biblioteca@iesmarcodocamballon
@bibliocruces

    

viernes, 3 de mayo de 2024

Obradoiro de Primeiros Auxilios

 


As alumnas de 2º de Tapsd desenvolveron o obradoiro de primeiros auxilios ao alumando de 2ºESO. Estes obradoiros levarase a cabo nos vindeiros días para o resto do alumnado.






jueves, 2 de mayo de 2024

Apadriñamento lector na escola infantil de Vila de Cruces

 O alumnado de 1º de Tapsd acuidíu á Escola infantil de Vila de Cruces a facer o apadriñamento lector cos nenos e nenas de entre 1 e 3 anos. Leron e interpretaron os contos de "O coelliño branco" e "A vaca que puxo un ovo".