viernes, 12 de junio de 2026

Os animais toman os corredores do instituto

O alumnado de 1º da ESO, na materia de Bioloxía e Xeoloxía coa profesora Ana, levou a cabo unha interesante actividade sobre o mundo dos animais.

Ao longo das últimas semanas, traballaron diferentes aspectos relacionados cos seres vivos: a clasificación dos animais, as súas características, os seus hábitats e curiosidades sorprendentes. Como resultado deste traballo, elaboraron uns murais moi completos e creativos que reflicten todo o aprendido na aula.






Unha vez rematados, estes traballos foron expostos nos corredores do instituto, enchendo os espazos de cor, información e ciencia. Deste xeito, non só o alumnado participante puido amosar o seu esforzo, senón que tamén o resto da comunidade educativa pode gozar e aprender con eles.




Parabéns ao alumnado de 1º da ESO polo seu traballo e á profesora Ana por promover este tipo de actividades tan motivadoras!










 

No hay comentarios:

Publicar un comentario