martes, 7 de febrero de 2012

GHOSTGIRL. EL REGRESO

A moza pantasma Charlotte Usher, a moza que se asfixiou cun osito de goma.
A historia comezou con esta moza que se MORRÍA por ser popular, e que estaba perdidamente namorada de Damen, o clásico mozo Guapo do instituto. Xusto cando a historia parece comezar a correr por canles moi comúns ocorre o que lle dá sentido á nosa lectura. Morre afogada por un Osito de goma.

lunes, 6 de febrero de 2012

MUERTE EN EL PRIORATO

Iker suspendeu a materia de Cultura Clásica e ten que estudar durante o verán, por tanto non poderá practicar montañismo en Huesca, coa súa cuadrilla, tal e como pensara.
Iker vai cos seus pais a unha casa rural chamada O Priorado, nunha zona tranquila da Rioxa; alí, aínda por riba de males, descobre entre os hóspedes ao señor Apraiz, o profesor que lle suspendeu. As pequenas vacacións preséntanse terribles para o mozo. Menos mal que pronto se fai moi amigo de Aleix e Sara, fillos de Maika e Pablo, os donos da casa
rural, e todo empeza a ser máis divertido, pois sospeitan que pode haber unha pantasma no faiado.
A estraña morte na casa rural dun dos seus hóspedes, dona Rosalía, converte aos mozos en investigadores de tan desagradable suceso. As fotos antigas de Lida, a avoa de Aleix e Sara e amiga de toda a vida de Rosalía, proporcionaranlles pistas respecto da personalidade da falecida e as súas relacións co profesor Apraiz e cos outros hóspedes aos que Iker considera sospeitosos: todos son amigos de mocidade que volven cada verán ao Priorado.
Ao final, despois de interpretar moitas pistas falsas, descóbrese que o cancro foi o auténtico «asasino» da anciá.
As vacacións terminan para Iker e hai que regresar a Vitoria. O mozo está decidido
a contar o que viviu. E disposto tamén a aprobar a materia que lle faltaba.

viernes, 3 de febrero de 2012

EXCURSIÓN A MADRID

O alumnado de 4º ESO, 1º e 2º BAC viaxan dende hoxe ata domingo a MADRID.


LA ISLA DEL POETA

Isa ten 19 anos e un desexo: coñecer ao poeta cuxos libros salvaron a súa vida na adolescencia, ver ao home cuxos versos a animaron a loitar cando estivo fronte á morte. Pero ese poeta, Isaac Estruch, leva vinte anos apartado do mundo, retirado nunha pequena illa das caribeñas augas de Cartaxena de Indias, en Colombia. Encerrado alí, sen querer ver a ninguén, Isaac é un ermitán con fama de irascible. A pesar de todo, Isa cruza o Atlántico e plántase fronte á súa cabana. Nunhas horas a súa vida cambiará porque atopará ante si o inesperado. A illa do poeta fala da renuncia ao éxito, da soidade, do amor á poesía e do que pode levar a un escritor a consagrarse con só tres libros e despois desaparecer. E tamén fala da perseveranza dunha nova disposta a loitar polo seu propio soño imposible. Nunha noite, os dous protagonistas desmenuzarán algo máis que unha historia persoal, e o seu diálogo converterase nun descenso ás profundidades das súas respectivas almas.

jueves, 2 de febrero de 2012

EL SILENCIO DEL ASESINO


Ernest Morrison leva unha vida tranquila, apracible e desafogada grazas á herdanza e a casa que herda da súa esposa, Mary Adams, desaparecida dez anos atrás. Un bo día, unha escavadora derruba accidentalmente dous belos salgueiros do seu xardín, deixando aos descuberto indicios que parecen apuntar a un asasinato e expondo unha intrigante trama, cuxa solución non se descobre até as últimas páxinas da obra.

miércoles, 1 de febrero de 2012

LEONORA

Leonora estaba destinada a crecer como a rica herdeira dun magnate da industria téxtil, pero desde p equena soubo que era diferente, que a súa capacidade de ver o que outros non vían, convertíaa en especial. Desafiou as convencións sociais, aos seus pais e mestres, e rompeu calquera atadura relixiosa ou ideolóxica para conquistar o seu dereito a ser unha muller libre, persoal e artisticamente. Leonora Carrington é hoxe unha lenda, a máis importante pintora surrealista, e a súa fascinante vida, o material do que se nutren os nosos soños. Leonora viviu a máis turbulenta historia de amor co pintor Max Ernst. Con el mergullouse no bulebule do surrealismo, e relacionouse en París con Salvador Dalí, Marcel Duchamp, Joan Miró, André Breton ou Pablo Picasso; por Max toleou cando foi enviado a un campo de concentración.
A Leonora confinoulla nun manicomio de Santander, do que escapou para conquistar Nova York da man de Peggy Guggenheim. Instalouse en México e alí culminou unha das obras artísticas e literarias máis singulares e xeniais. Non é a primeira vez que Elena Poniatowska retrata como ninguén a unha muller excepcional. A incrible vida de Leonora Carrington é, nas súas mans, unha aventura apaixonante, un berro de liberdade e unha elegante aproximación ás vangardas históricas da primeira