Onte tivo lugar o acto de Graduación do alumnado de 2º Bacharelato e Ciclos Formativos. O evento tivo lugar no auditorio Xosé Casal de Vila de Cruces onde alumndo, familias e profesorado vivíu momento moi emotivos. Moita sorte nesta nova etapa!!
martes, 18 de junio de 2019
Girls of the worth
O alumnado da materia de Igualdade de xénero ben de crear un punto de observación sobre os medios de comunicaciók. O taboleiro leva por nome e quere ser un punto de reflexión e crítica sobre o que está a acontecer coas mulleres neste século XXI.
viernes, 7 de junio de 2019
Un curso de emocións
Este ano traballamos as emocións como tema transversal e estes son algúns materiais que se elaboraron interdisciplinarmente.
Material preparado pola Biblioteca coa colaboración do departamento de Lingua Galega.
Presentacións do departamento de Historia
Cancioneiro feito polo Clube da lingua e Normalización.
A poesía que emociona traballado nas materias de Galego e ITI.
Radical Punk
Gústame
Superpop
Guapa y a la última
Pornografía
Nota necrolóxica
Lúa
Fast &Furius
Suicidio
Material preparado pola Biblioteca coa colaboración do departamento de Lingua Galega.
Presentacións do departamento de Historia
Cancioneiro feito polo Clube da lingua e Normalización.
A poesía que emociona traballado nas materias de Galego e ITI.
Radical Punk
Gústame
Superpop
Guapa y a la última
Pornografía
Nota necrolóxica
Lúa
Fast &Furius
Poesía fea
Suicidio
martes, 4 de junio de 2019
PARTICIPAMOS NO CUARTO LANZAMENTO DA NOSA
O pasado 28 de maio, o noso centro participou no lanzamento da cápsula estratosférica MarumaSat IV, organizado pola NOSA. Axencia Espacial Escolar Galega.
Baixo o nome de "Misión Einstein: rastrexando raios cósmicos", esta
cápsula pretendía poñer en marcha unha serie de experimentos moi
interesantes: dúas mostras biolóxicas expostas á radiación e condicións
da estratosfera, para analizar a influencia destes factores nelas;
sensores de ozono e radiación UV; medición do campo magnético terrestre;
e un detector de muóns que pretende evidenciar de xeito empírico algúns
efectos pronosticados pola Teoría da Relatividade de Einstein.
O
día do lanzamento, o tempo era favorábel ao voo, se ben en superficie
había rachas de vento que provocaron o impacto da cápsula contra un muro
aos poucos metros do despegue. Malia iso, a misión continuou sen máis
contratempos, aterrando nas inmediacións do concello de Maceda. Tras
catro días de búsqueda, a cápsula puido ser recuperada con éxito grazas á
colaboración no rastrexo da familia Regos, de Ordes. Tras abrir a
cápsula, puidemos comprobar o bo estado do instrumental e iniciar a
análise dos datos.
Neste voo acadamos un novo rexistro de altura, chegando aos 35553 m. A anterior marca fixáraa a MarumaSat II, con 33612m
sábado, 1 de junio de 2019
Equipo de ciberasesor@s
O alumnado de 2º ESO traballou nun programa de mediación no entorno das redes sociais chamado Ciberasesor@s. O obxectivo non é outro que o de concienciar ao alumnado dos riscos dun mal uso das redes sociais.
Durante as sesións de titoría de 2º ESO o alumnado traballou os distintos riscos asociados ás redes. A partir de aí, elaborou unha presentación centrada en dous temas: sexting e grooming. O noso alumnado asumiu un papel activo e este venres traballaron co alumnado de 1º ESO do IES.
Sesión TEI 1 e 2
O alumnado de TEI-1 e TEI-2 celebraron a clausura das actividades TEI do presente curso. TEI-1 desfrutou dun obradoiro de xogos tradicionais con elementos naturais e xogos psicomotrices. O TEI-2 asistíu ao visionado da película Mustang, da que de seguro sacaron interesantes conclusións.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
