jueves, 27 de marzo de 2014

Festival de Teatro Clásico de Lugo

Onte, mércores 26, despois dunha tortuosa viaxe...


o alumnado de Latín e Grego asistiu en Lugo á representación de As Troianas de Eurípides a cargo do grupo coruñés El Ruiseñor.



 A contemplación desta traxedia, cunha acertada posta en escena, unha solvente interpretación e unha Hécuba espléndida, espertou en nós moitas reflexións acerca dos vaivéns da fortuna, acerca da guerra e o cruel destino dos vencidos e do non moito máis feliz dos vencedores a quen tantas veces, despois da vitoria, espreitan as Erinias. Cantas mulleres de Siria, de Afganistán, de Sudán e de tantas outras partes do mundo ven hoxe morrer os seus fillos, ven os seus netos e netas convertidos en nenos-soldado, son privadas de todos os seus bens para viviren en campos de refuxiados, ou para seren vendidas polas mafias como escravas sexuais, cal modernas Casandras, en bordeis de Occidente. Unha vez máis, os clásicos, coa súa penetración nas fonduras da natureza humana, mostran a súa total atemporalidade.


Pero a nosa viaxe tiña outro obxectivo máis festivo: que o grupo Capricornio recollese o merecido premio como vencedor no concurso Odisea. 



Unha vez máis, os nosos parabéns.


miércoles, 26 de marzo de 2014

O TEU PUNTO DE VISTA PODE CAMBIAR O MUNDO. Premios Clipmetraxes 2014


O concurso de Clipmetraxes de Manos Unidas foi este curso dende o  17 de outubro de 2013, Día Internacional para la Erradicación de la Pobreza, ata o 28 de febrero de 2014 . Durante estos cuatro meses podían traballar sobre os seguintes temas: 
Agricultura familiar: base de moitas Comunidades Rurais en gran parte do mundo e pilar fundamental do desenrolo integral das nacións.
Consumo responsable: Precidamos consumir todo o que se nos ofrece? Sabemos de que está feito? Quen o produce?
Volatilidad de los precios: tratar a producción agrícola  e os alimentos como derivados financieros fai que os mercados de materias primas alimentarias resulten atractivos para os especuladores financieros






O alumnado do Marco do Camballón recolleu na tarde de onte os premios de Manos Unidas o Clipmetraxe maís votado: Consume responsablemente e  o Clipmetraxe finalista: Todos los grandes proyectos nacen de pequeñas ideas. Parabéns.

martes, 25 de marzo de 2014

Concurso de Fotografía


Para celebrar o Día Internacional do Libro, a biblioteca do "IES Marco do Camballón" convoca: 


I Concurso de Fotografía, que este ano terá como tema os libros e a lectura.
Aquí  podedes consultar as bases.

jueves, 20 de marzo de 2014

Día Internacional da Muller e Día Mundial da Poesía

Este ano, no que as efemérides se amorean sen darnos un respiro, as alumnas de Grego II uniron o espírito de dúas conmemoracións, o Día Internacional da Muller e o Día Mundial da Poesía, traducindo o poema de Safo de Lesbos Os irmáns. Trátase dun texto transmitido nun papiro do século III d. C. que acaba de ser descuberto e divulgado en Internet antes da súa edición oficial polo profesor da Universidade de Oxford Dick Obbink. Para nós, esta obra (de enorme importancia no ámbito filolóxico onde vén de provocar un tsunami) ten un valor simbólico indubidable en relación á pervivencia das linguas clásicas e ás novas formas de transmisión e recepción da literatura e do saber: a voz dunha muller do século VII a. C. que burla o paso do tempo agochada nun fragmento de papiro para emerxer no século XXI nun novo mundo e nun novo medio, a rede, que a fai accesible a todos.
Desde o IES "Marco do Camballón", unímonos coa nosa voz e na nosa lingua á pléiade de  afeccionados á poesía grega que estes días comparten as súas versións do poema en Internet.

Aquí tedes o texto grego coa nosa tradución ao galego e a continuación o vídeo que fixemos con estes e outros materiais.




miércoles, 19 de marzo de 2014

CHARLAS UNIVERSITARIAS


O Departamento de Orientación convoca ao alumnado de 2º Bacharelato a asistir a unha charlas para darlle a coñecer o sistema universitario galego. Cóntase coa presenta de representantes da Universidade de Santiago, Vigo e Coruña. Será de 15.45 a 18.45 na Manuel Dobarro.

Menudo Papelón

O alumnado do 1º ciclo da ESO participou un taller sobre a creación do papel que tivo lugar na aula Manuel Dobarro