sábado, 17 de mayo de 2014

Guía de Manzaneda e Excursión

O alumnado de 1º ESO estiveron elaborando unha guía de viaxe a Manzaneda. Traballárona na hora de Titoría, Proxecto Interdisciplinar e en colaboración co Departamento de Educación Física - que os levou tres días a estación de Esquí.



miércoles, 14 de mayo de 2014

CambaLetras 2014: equipos rexistrados correctamente

Os equipos que se rexistraron correctamente e que, polo tanto, poderán participar no concurso son os seguintes:



NOME DO EQUIPO

MEMBROS E CURSO

1.     As 3 galegas
Silvia Porteiro de Loño (4º), Carmen Lareu Lorenzo (4º) e Belén Porteiro de Loño (4º)
2.     As principiantes
Iria Álvarez Gómez (1ºESO) e Cristina Rivas Vieitez (1ºESO)
3.     Equipo B
Tamara Barros Montoto (2º ESO) e Laura Blanco Rey (2ºESO)
4.     Galeg@
Alba Ramos Rodríguez (4º)
5.     GGRR
Noelia García García (2ºESO) e Andrea Rivadulla Rodríguez (2ºESO)
6.     Individual
Luis Fernando Tipantasig (1ºESO)
7.     Lánzalo
Uxía Blanco Iglesias (3ºA) e Marta Blanco Iglesias (2ºESO)
8.     Manera
María Rey Castro (2ºESO), Nerea Santos Suárez (2ºESO) e Raquel Mera Camino (2ªESO)
9.     Medio limón
Cecilia García Soto (4º) e Anaïs Cornado Goris (2º Bach.)
10.  O armadillo
Sergio Areán Lugo (2ºESO) e Andrés C. Rueda Ochoa (2º ESO)
11.  Tres nenos
Adrián García Torrres (1ºESO), Roi Guzmán Gómez (1ºESO) e Alexander Iglesias Santandré (1ºESO)



Quedaron excluídos dous grupos por non seguir as indicacións de rexistro establecidas. Podedes comprobar os datos de todos os equipos indo aos "Comentarios" da entrada "Rexistro para o CambaLetras 2014".
Lembrade que o primeiro bloque de preguntas se  publicará o luns 19 de maio. Sorte para todo o mundo!!

martes, 13 de mayo de 2014

Conferencia do Dr. Ángel Carracedo



...E aquí está a noticia de calado que anunciabamos hai uns días:  o martes 20 de maio, ás 12:00 h. no Auditorio Xosé Casal, recibiremos a visita do Dr. Ángel Carracedo Álvarez que pronunciará unha charla titulada "As aplicacións da xenómica no mundo actual". O profesor Carracedo, catedrático de Medicina Legal da USC, director do Instituto de Medicina Legal de Santiago e da Fundación Galega de Medicina Xenómica (onde coordina un grupo que se converteu en líder mundial en xenética forense e de referencia en xenómica comparada e de poboacións) é, probablemente, o científico galego con máis proxección internacional ademais de gran comunicador e divulgador, capaz de achegar a todo tipo de público, de xeito ameno e instrutivo, as liñas xerais da súa ciencia. 
Esta actividade está aberta a toda a Comunidade Educativa e ao público en xeral.

Letras galegas 2014: Xosé Mª Díaz Castro (II)


Mira e escoita un achegamento particular e moi atractivo á súa poesía a cargo, tamén, do alumnado de Guitiriz.

jueves, 8 de mayo de 2014

Letras galegas 2014: Xosé Mª Díaz Castro (I)

Este ano as Letras galegas están dedicadas á figura do poeta de Guitiriz Xosé Mª Díaz Castro. Para comezar a saber algo sobre el, deixámosvos este vídeo documental elaborado no IES que leva o seu nome.


lunes, 5 de mayo de 2014

Rexistro para o concurso CambaLetras 2014

A biblioteca do IES Marco do Camballón, o Departamento de Lingua galega e literatura e o Clube da Lingua convocan o concurso CambaLetras 2014.
  • Poderá participar todo o alumnado do centro.
  • Deberedes realizar grupos de 3 persoas como máximo, que poderán ser de distintos cursos, pero cada persoa só poderá participar nun equipo.
  • É indispensable rexistrarse neste blogue enviando un comentario no que se detallen:
    • Nome, apelidos e curso de cada un dos participantes
    • Nome do equipo (este nome será o que aparecerá nas listaxes de clasificación). 
    • No apartado Comentar como: seleccionar perfil seleccionade Anónimo. Tamén podedes escoller Nombre/URL e escribir aí o nome do voso equipo (deixando en branco URL).
  • Prazo para rexistrarse: desde as 9:00h do luns 5 de maio ata as 22:00h do luns 12 de maio. Non se admitirán rexistros fóra dese prazo.
  •  A listaxe definitiva de grupos rexistrados -e, polo tanto, os que teñen dereito a participar- publicarase o mércores 14 de maio ás 9:00h.

O concurso comezará o luns 19 de maio. Lembrámosvos que o premio para o equipo ganador é de 60€!! Animádevos a participar!