miércoles, 30 de marzo de 2016
Visita de Xurxo Mariño
Hoxe veu o centro Xurxo Mariño para falar dunha viaxe a máquina da mente e
Etiquetas:
Actividades complementarias,
Xurxo Mariño
martes, 29 de marzo de 2016
Reciclando con TAPSD
Dentro do módulo de Apoio Domiciliario desenvolvemos diversas actividades sobre a reciclaxe no fogar.
Este curso demos un paso máis cara a diante concienciando ao alumnado sobre os pequenos grandes contaminantes: as cabichas e os chicles.
Non ao acoso nin nas aulas nin en ningún outro ámbito da vida.
Hoxe presentamos na aula Manuel Dobarro do IES esta pequena e humilde peza audiovisual que fixeron co Clubeda Lingua: Non ao acoso nin nas aulas nin en ningún outro ámbito da vida.Non ao acoso.
Unha produción conxunta do Clube da Lingua do IES Marco do Camballón e Canto Ghalpón contra o acoso escolar.
A curtametraxe pretende sensibilizar á comunidade escolar diante do problema do acoso escolar e pon a súa atención no campo das agresións verbais, insultos, prexuízos e discriminacións.
Co lema "Non olles a outro lado", a curtametraxe contou coa participación no guión e na interpretación do Clube da lingua. Canto Galpón é un colectivo de humor na internet formado por xente nova de Vila de Cruces. A súa páxina http://cantoghalpon.gal/.
Este proxecto é o resultado da implicación do Clube da Lingua-Equipo de Normalización no proceso de elaboración do Plan de Convivencia do IES Marco do Camballón impulsado pola propia comunidade escolar. Estímase que un 7% do alumnado galego sofre acoso escolar e este audiovisual procura concienciar para a participación do alumnado na resolución de conflitos relacionados con este tema de violencia entre iguais. O Clube da Lingua ten como obxectivo a elaboración de proxectos de participación social para a normalización da lingua galega e significa o IES de Vila de Cruces como un dos centros máis innovadores no fomento da lingua para a mellora da calidade educativa, polo que ten recibido diversos recoñecementos institucionais e sociais.

viernes, 18 de marzo de 2016
TEATRO SMOKE CITY
TEATRO SMOKE CITY
Smoke City aborda unha problemática moi de actualidade como é o tabaquismo e as súas consecuencias a longo prazo na vida dos consumidores.
Smoke City é o paraíso do fume, onde se desenvolve unha historia de acción entre gansters e policías.
martes, 15 de marzo de 2016
Voz Natura
Hoxe o alumnado de primeiro de ESO foi plantar nas zonas verdes do noso instituto.
martes, 8 de marzo de 2016
8 de marzo
Despois de preparar cas nosas voluntarias da Biblio os lazos para ese día, hoxe tamén non acompañou Pilar Díaz, Secretaría de Igualdade, a darnos unhas charlas sobre violencia de Xénero que nos impactou.
Moitas grazas BB por a túa visita.!!
O alumnado de 1º ESO traballaron as mulleres e os xogos.
Etiquetas:
Actividades complementarias,
Charla,
Día da Muller
Suscribirse a:
Entradas (Atom)