
Pasalo ben!!


Acaroado na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe, pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía. Mais, quen pode imaxinar que o vello templo medieval agocha as claves para atopar a senda do último dragón galego? Un antigo medallón de metal en estado vivo, herdanza do seu pai, será a chave que lle abrirá a Hadrián as portas para cumprir co seu destino. Para atopar respostas, o mozo tamén deberá buscar nos libros prohibidos da vella biblioteca do seu bisavó e mergullarse nos segredos que agochan as augas da Poza da Moura. Só grazas á amizade de Mónica, compañeira de clase no instituto, e coa complicidade de don Xurxo, o cura da parroquia, Hadrián poderá percorrer a senda que, os cabaleiros da Orde de Dragal deixaron aberta para el moitos séculos atrás.



Park So-nyo, unha humilde campesiña, foi durante toda a vida unha abnegada nai de familia, unha muller que sempre o sacrificou todo para dar unha educación aos seus fillos. Agora, tras perderse na estación central de Seúl cando ía visitar aos seus fillos á cidade, a súa procura desesperada convértese nun aceso eloxio dos lazos familiares cheo de emoción.
Reacciona trata de clarificar e canalizar a pesadumbre dun sector crecente da sociedade española coa crise económica, política e social que estamos a vivir, coa crise do sistema. E varios factores están en xogo: a nosa estabilidade, o equilibrio global, unha xeración de mozas sen futuro e o futuro mesmo. Unha mestura singular de especialistas, un comité de sabios, entre os que destacan José Luís Sampedro ou Baltasar Garzón, que nos brinda dez respostas cunha idea común: a necesidade de tomar postura e actuar, de concienciarnos e espertar pois aínda hai esperanza, hai solucións. Unha cidadanía informada e responsable pode impedir os atropelos. Todos cun mesmo rumbo, cun obxectivo claro: defender a dignidade, a democracia e o ben común. Chegou o momento. O primeiro paso é reaccionar.
Cando o amor faiche tremer no outono é mellor que o inverno non chegue nunca: as primeiras nevadas poden arrebatarche a quen máis desexas.
A moza pantasma Charlotte Usher, a moza que se asfixiou cun osito de goma.
Iker suspendeu a materia de Cultura Clásica e ten que estudar durante o verán, por tanto non poderá practicar montañismo en Huesca, coa súa cuadrilla, tal e como pensara.
Isa ten 19 anos e un desexo: coñecer ao poeta cuxos libros salvaron a súa vida na adolescencia, ver ao home cuxos versos a animaron a loitar cando estivo fronte á morte. Pero ese poeta, Isaac Estruch, leva vinte anos apartado do mundo, retirado nunha pequena illa das caribeñas augas de Cartaxena de Indias, en Colombia. Encerrado alí, sen querer ver a ninguén, Isaac é un ermitán con fama de irascible. A pesar de todo, Isa cruza o Atlántico e plántase fronte á súa cabana. Nunhas horas a súa vida cambiará porque atopará ante si o inesperado. A illa do poeta fala da renuncia ao éxito, da soidade, do amor á poesía e do que pode levar a un escritor a consagrarse con só tres libros e despois desaparecer. E tamén fala da perseveranza dunha nova disposta a loitar polo seu propio soño imposible. Nunha noite, os dous protagonistas desmenuzarán algo máis que unha historia persoal, e o seu diálogo converterase nun descenso ás profundidades das súas respectivas almas.
Leonora estaba destinada a crecer como a rica herdeira dun magnate da industria téxtil, pero desde p equena soubo que era diferente, que a súa capacidade de ver o que outros non vían, convertíaa en especial. Desafiou as convencións sociais, aos seus pais e mestres, e rompeu calquera atadura relixiosa ou ideolóxica para conquistar o seu dereito a ser unha muller libre, persoal e artisticamente. Leonora Carrington é hoxe unha lenda, a máis importante pintora surrealista, e a súa fascinante vida, o material do que se nutren os nosos soños. Leonora viviu a máis turbulenta historia de amor co pintor Max Ernst. Con el mergullouse no bulebule do surrealismo, e relacionouse en París con Salvador Dalí, Marcel Duchamp, Joan Miró, André Breton ou Pablo Picasso; por Max toleou cando foi enviado a un campo de concentración.